© SOG | 23/12/2022 |
Special Olympics Galicia selecciona as postais agraciadas no Certame de Tarxetas de Nadal
O certame conta cada ano coa participación de persoas con discapacidade intelectual de toda Galicia Este ano presentáronse preto de 1.000 creatividades de 33 entidades galegas
Fernando González Abeijón, Director xeral de persoas con discapacidade da Xunta de Galicia, presidiu o xurado que realizou a elección dos agasallados do 27 Certame de Tarxetas de Nadal de Special Olympics Galicia, acto no que estivo acompañado por membros da Xunta Directiva desta entidade e de FADEMGA Plena inclusión Galicia. O Certame de Tarxetas de Nadal é unha das citas clásicas da asociación, que cada ano conta cunha gran aceptación entre todas as entidades galegas que traballan en prol das persoas con discapacidade intelectual ou o desenvolvemento. O acto de entrega de recoñecementos lugar o vindeiro mes de xaneiro en Santiago, momento no que todas as entidades participantes recibirán un detalle conxunto para o centro, así como un agasallo para as persoas autoras dos traballos seleccionados, grazas á colaboración de Alcampo Santiago. Este ano 33 entidades de persoas con discapacidade intelectual de Galicia, participaron no Certame de Postais de Nadal – Special Olympics Galicia cun total de 965 postais presentadas a concurso. Cos deseños seleccionados FADEMGA Plena inclusión Galicia e Special Olympics Galicia felicitarán o Nadal 2023, tal como se fai cada ano.