Cookies

Noticias

O Director xeral de persoas con discapacidade fai entrega dun novo vehículo a Special Olympics Galicia

Xunta de Galicia (a través do IRPF) e Fundación ONCE son os organismos financiadores que posibilitaron a adquisición desta nova furgoneta

23/12/2022 | Santiago de Compostela

O Director xeral de persoas con discapacidade da Xunta de Galicia, Fernando González Abeijón, participou esta mañá no acto de entrega dunha nova furgoneta, que será destinada ás actividades enmarcadas no programa “O deporte e o ocio accesible cara o Xacobeo 2022”.

Este programa oriéntase a facilitar o disfrute de diferentes iniciativas tanto deportivas como culturais e de lecer, posibilitando que aquelas persoas con maiores problemas para desprazarse podan acceder a estas actividades en igualdade de condicións.

Durante o acto de entrega, o Director xeral estivo acompañado por Beatriz Gallego Nieto, Responsable de Fundación Once en Galicia e de INSERTA EMPREGO, así como polo presidente de Special Olympics Galicia, Eladio Fernández Pérez, e polos membros da Xunta Directiva da entidade.

Archivada en:
Infórmate > Noticias

MATERIALES RELACIONADOS

Imágenes