Convocamos os 20 Xogos de Baloncesto, que pecharán a tempada deportiva deste ano Imprimir

O vindeiro domingo 20 de novembro do 2016, terán lugar na Cidade Deportiva de Riazor, (C/ Manuel Murguía, s/n 15011 – A Coruña) os 20 Xogos Autonómicos de Baloncesto, Special Olympics Galicia - A Coruña 2016.

Esta actividade, organizada por SPECIAL OLYMPICS GALICIA coa colaboración de FADEMGA Plena inclusión Galicia, estará promovida pola asociación ASPRONAGA e pechará a tempada deportiva de Special Olympics Galicia para este ano 2016.

Para que a vosa inscrición sexa efectiva, deberedes enviarnos a vosa documentación antes do vindeiro 8 de novembro.

Neste enlace podedes descargar tódala información así como a convocatoria.

Última actualización en Martes, 18 de Octubre de 2016 10:05