ee

ee

Plan de Actividades 2016

Special Olympics Galicia, buscando a promoción e a inserción social das persoas con discapacidade intelectual e das súas familias, organiza diversas actividades de ocio, tempo libre, cultura e deporte.

Estas actividades organízanse cada ano, co fin de que as persoas con discapacidade intelectual e as súas familias podan gozar do seu tempo libre do mellor xeito posible.

 

Plan de Actividades 2013

 

:: Actividades a nivel autonómico.

16 de marzo, Xogos Autonómicos de Deportes Minoritarios, ASPRONAGA, A Coruña

20 de abril, Xogos Autonómicos de Fútbol Sala, SAN FRANCISCO, Vigo

25 de maio, Xogos Autonómicos de Campo a Través, PRODEME, Monforte

15 de xuño, Xogos Autonómicos de Atletismo, AMICOS

5 de outubro, Maratón Autonómico Urbano, ACEESCA, O Porriño

26 de outubro, Xogos Autonómicos de Natación, AS BURGAS, Ourense

23 de novembro, Xogos Autonómicos de Baloncesto, CON ELES, Vilagarcía

14 de decembro, Entrega de premios Ligas 2013

 

:: Outras actividades

9 de marzo, Xornadas de Técnicos Deportivos, e Foro de Ocio e Voluntariado, Santiago

7 de xullo, Convivencia Familiar, sen concretar

Xuño—Agosto, Campamentos de Verán 2013, Galicia

Nadal, Certame de Tarxetas de Nadal, Galicia

Toda a tempada, Partidos do Celta de Vigo, Vigo

ACTO DE ENTREGA DE PREMIOS DA LIGA FÿTBOL SALA E BALONCESTO 2011 E XANTAR DE GALA FIN DE TEMPADA

Normal 0 21 false false false ES X-NONE X-NONE MicrosoftInternetExplorer4

 

 

O Club Deportivo Fademga coa promoción de Special Olympics Galicia e a colaboración do Colexio La Salle está a organizar o acto de entrega de premios da liga Fútbol Sala e Baloncesto 2011 e xantar de gala fin de tempada. Este acontecemento terá lugar o día 17 de decembro en Santiago de Compostela e contará coa asistencia das persoas que participaron este ano 2011 en actividades de Club Deportivo Fademga e Special Olympics Galicia.

Podedes realizar a vosa inscrición pinchando aquí ata o vindeiro 17 de novembro.

13.jpg12.jpg
Estás aquí:   Inicio Actividades Deporte Campeonatos Internacionais
Campionatos Internacionais PDF Imprimir Correo-e

Special Olympics Galicia formou parte da selección de Special Olympics España nos Xogos Mundiais. No 2003, Dublín (Irlanda) foi o anfitrión destes Xogos. O evento albergou máis de 10.000 persoas, entre voluntarios e deportistas, e 160 países. A representación de Galicia foi un equipo masculino de baloncesto e 3 xogadores de bádminton.

Nestes Xogos trouxemos a Galicia 1 medalla de ouro en nivel IX de baloncesto, 1 medalla de prata, 1 de bronce e 1 participación en bádminton. En 2005, tiveron lugar os Xogos de Inverno en Nagano (Xapón), onde participaron deportistas galegos, que competiron na modalidade de Alpino e Raquetas e que conseguiron 14 medallas (3 ouros, 7 pratas e 4 bronces).

Do 2 ao 8 de maio, Special Olympics Italia invitounos a participar nun Campionato de Fútbol 5, o Lous Open Games, Special Olympics Italia 2005, celebrado en Lodi, Italia. Special Olympics Galicia acudiu representada polas entidades Aspas (de Santiago de Compostela) e Aspronaga (da Coruña). Os nosos deportistas conseguiron un cuarto posto.


Tamén en 2005, os nosos deportistas acudiron ao Campionato Europeo de Tenis de Mesa, celebrado en Dyur Králové, na República Checa. Tres deportistas de Special Olympics Galicia participaron nesta competición e conseguiron excelentes resultados, como a medalla de prata de Alba Llanderas, da Asociación San Francisco. O resto de resultados completouse cun sexto posto en dobres masculino e un cuarto e sétimo posto, na competición de individual masculina. Parabéns a todos eles.

 

Última actualizaciónfeita en Xoves, 27 Maio 2010 14:18
 
Fademga Plena inclusión Galicia
Instagram
Facebook
Twitter
Voluntariado
novas
Xunta de Galicia
Garantia xuvenil
Banner politica social