ee

ee

Plan de Actividades 2016

Special Olympics Galicia, buscando a promoción e a inserción social das persoas con discapacidade intelectual e das súas familias, organiza diversas actividades de ocio, tempo libre, cultura e deporte.

Estas actividades organízanse cada ano, co fin de que as persoas con discapacidade intelectual e as súas familias podan gozar do seu tempo libre do mellor xeito posible.

 

Plan de Actividades 2013

 

:: Actividades a nivel autonómico.

16 de marzo, Xogos Autonómicos de Deportes Minoritarios, ASPRONAGA, A Coruña

20 de abril, Xogos Autonómicos de Fútbol Sala, SAN FRANCISCO, Vigo

25 de maio, Xogos Autonómicos de Campo a Través, PRODEME, Monforte

15 de xuño, Xogos Autonómicos de Atletismo, AMICOS

5 de outubro, Maratón Autonómico Urbano, ACEESCA, O Porriño

26 de outubro, Xogos Autonómicos de Natación, AS BURGAS, Ourense

23 de novembro, Xogos Autonómicos de Baloncesto, CON ELES, Vilagarcía

14 de decembro, Entrega de premios Ligas 2013

 

:: Outras actividades

9 de marzo, Xornadas de Técnicos Deportivos, e Foro de Ocio e Voluntariado, Santiago

7 de xullo, Convivencia Familiar, sen concretar

Xuño—Agosto, Campamentos de Verán 2013, Galicia

Nadal, Certame de Tarxetas de Nadal, Galicia

Toda a tempada, Partidos do Celta de Vigo, Vigo

ACTO DE ENTREGA DE PREMIOS DA LIGA FÿTBOL SALA E BALONCESTO 2011 E XANTAR DE GALA FIN DE TEMPADA

Normal 0 21 false false false ES X-NONE X-NONE MicrosoftInternetExplorer4

 

 

O Club Deportivo Fademga coa promoción de Special Olympics Galicia e a colaboración do Colexio La Salle está a organizar o acto de entrega de premios da liga Fútbol Sala e Baloncesto 2011 e xantar de gala fin de tempada. Este acontecemento terá lugar o día 17 de decembro en Santiago de Compostela e contará coa asistencia das persoas que participaron este ano 2011 en actividades de Club Deportivo Fademga e Special Olympics Galicia.

Podedes realizar a vosa inscrición pinchando aquí ata o vindeiro 17 de novembro.

13.jpg12.jpg
Estás aquí:   Inicio Coñecenos Historia
Historia PDF Imprimir Correo-e

No ano 1992, o Ministerio de Asuntos Sociais, Feaps e Special Olympics España asinan un convenio para desenvolver actividades deportivas.

No ano 1993, asínase o convenio entre Fademga, Special Olympics España e Feaps e créase a Comisión de Ocio, Tempo Libre e Deportes, da que é responsable Elías Palacio Verdini.

O Clube Deportivo Fademga Special Olympics Galicia créase no ano 1993, coa colaboración de Fademga (Federación de Asociacións en favor das Persoas con Minusvalía Intelectual de Galicia). O seu responsable técnico é Javier García e o responsable do Club é Eladio Fernández e nel organízanse actividades para un total de 200 deportistas da Comunidade Autónoma Galega e involucra 60 entidades, das cales 30 son asociadas.

No ano 2000, o Movemento Special Olympics pasa a ser, en Galicia, unha entidade xurídica propia, Special Olympics Galicia, e en setembro do 2001 asínase o convenio de colaboración entre Fademga e Feaps-Special Olympics Galicia, baixo a Presidencia de Honra de Dona Corina Porro Martínez, entón Directora Xeral de Servizos Sociais, co ambicioso fin de proporcionar máis actividades e arrastrar máis deportistas con discapacidade intelectual e as súas familias.

Esta asociación sinala como obxectivo xeral a inserción social do colectivo de persoas con discapacidade intelectual, mediante a cultura, a práctica deportiva, o ocio e calquera outra actividade.

A nosa misión de propoñer adestramento diario e competicións deportivas ten como fin mellorar as súas condicións físicas e psíquicas, co obxectivo final de integralos na sociedade con aceptación e respecto e de lles proporcionar oportunidades para converterse en cidadáns activos de pleno dereito.

 

 

 

 

 

 

 

Última actualizaciónfeita en Xoves, 31 Xullo 2014 09:22
 
Fademga Plena inclusión Galicia
Instagram
Facebook
Twitter
Voluntariado
novas
Xunta de Galicia
Garantia xuvenil
Banner politica social