ee

ee

Plan de Actividades 2016

Special Olympics Galicia, buscando a promoción e a inserción social das persoas con discapacidade intelectual e das súas familias, organiza diversas actividades de ocio, tempo libre, cultura e deporte.

Estas actividades organízanse cada ano, co fin de que as persoas con discapacidade intelectual e as súas familias podan gozar do seu tempo libre do mellor xeito posible.

 

Plan de Actividades 2013

 

:: Actividades a nivel autonómico.

16 de marzo, Xogos Autonómicos de Deportes Minoritarios, ASPRONAGA, A Coruña

20 de abril, Xogos Autonómicos de Fútbol Sala, SAN FRANCISCO, Vigo

25 de maio, Xogos Autonómicos de Campo a Través, PRODEME, Monforte

15 de xuño, Xogos Autonómicos de Atletismo, AMICOS

5 de outubro, Maratón Autonómico Urbano, ACEESCA, O Porriño

26 de outubro, Xogos Autonómicos de Natación, AS BURGAS, Ourense

23 de novembro, Xogos Autonómicos de Baloncesto, CON ELES, Vilagarcía

14 de decembro, Entrega de premios Ligas 2013

 

:: Outras actividades

9 de marzo, Xornadas de Técnicos Deportivos, e Foro de Ocio e Voluntariado, Santiago

7 de xullo, Convivencia Familiar, sen concretar

Xuño—Agosto, Campamentos de Verán 2013, Galicia

Nadal, Certame de Tarxetas de Nadal, Galicia

Toda a tempada, Partidos do Celta de Vigo, Vigo

ACTO DE ENTREGA DE PREMIOS DA LIGA FÿTBOL SALA E BALONCESTO 2011 E XANTAR DE GALA FIN DE TEMPADA

Normal 0 21 false false false ES X-NONE X-NONE MicrosoftInternetExplorer4

 

 

O Club Deportivo Fademga coa promoción de Special Olympics Galicia e a colaboración do Colexio La Salle está a organizar o acto de entrega de premios da liga Fútbol Sala e Baloncesto 2011 e xantar de gala fin de tempada. Este acontecemento terá lugar o día 17 de decembro en Santiago de Compostela e contará coa asistencia das persoas que participaron este ano 2011 en actividades de Club Deportivo Fademga e Special Olympics Galicia.

Podedes realizar a vosa inscrición pinchando aquí ata o vindeiro 17 de novembro.

13.jpg
Estás aquí:   Inicio
A Fundación Fútbol Sala Galego e Special Olympics renovan a súa colaboración PDF Imprimir Correo-e

A Fundación Fútbol Sala Galego (FFSG) e Special Olympics Galicia unen esforzos novamente en prol do deporte inclusivo.

Da man dos seus presidentes, Juan Ángel Probaos Martín por parte da Fundación Fútbol Sala Galego e Eladio Fernández Pérez representando a Special Olympics Galicia, materializouse este mércores un novo acordo no que ambas entidades se alían para levar a cabo programas de acción social, onde o deporte inclusivo pasa a ser o protagonista.


Coa sinatura deste convenio, dase continuidade á colaboración de ambas institucións na posta en marcha de actividades deportivas que promovan a práctica do fútbol sala e do fútbol sala unificado entre as persoas con discapacidade intelectual. Como parte destas actividades, a Fundación Fútbol Sala Galego colaborará tamén nas Ligas promovidas por Special Olympics Galicia, nas que participan persoas con discapacidade intelectual de entidades de toda Galicia.

Durante a sinatura do novo Convenio, Juan Ángel Probaos agradeceu a Special Olympics Galicia a “confianza” depositada na FFSG que el preside, e recalcou o compromiso por parte da Fundación de colaborar activamente na posta en marcha de actividades de interese social e deportivo, como as que ven desenvolvendo cada ano Special Olympics Galicia”.

Pola súa banda, o presidente de Special Olympics Galicia, agradeceu a disposición amosada pola Fundación “para dar continuidade a este proxecto común, que esperamos sexa un paso máis á hora de axudar á inclusión das persoas con discapacidade intelectual, así como a poñer en valor os beneficios da práctica deportiva entre o colectivo ”.

Última actualizaciónfeita en Mércores, 11 Abril 2018 12:08
 
Garantia xuvenil
Fademga Plena inclusión Galicia
Facebook
Twitter
Instagram
novas
Voluntariado