ee

ee

Plan de Actividades 2016

Special Olympics Galicia, buscando a promoción e a inserción social das persoas con discapacidade intelectual e das súas familias, organiza diversas actividades de ocio, tempo libre, cultura e deporte.

Estas actividades organízanse cada ano, co fin de que as persoas con discapacidade intelectual e as súas familias podan gozar do seu tempo libre do mellor xeito posible.

 

Plan de Actividades 2013

 

:: Actividades a nivel autonómico.

16 de marzo, Xogos Autonómicos de Deportes Minoritarios, ASPRONAGA, A Coruña

20 de abril, Xogos Autonómicos de Fútbol Sala, SAN FRANCISCO, Vigo

25 de maio, Xogos Autonómicos de Campo a Través, PRODEME, Monforte

15 de xuño, Xogos Autonómicos de Atletismo, AMICOS

5 de outubro, Maratón Autonómico Urbano, ACEESCA, O Porriño

26 de outubro, Xogos Autonómicos de Natación, AS BURGAS, Ourense

23 de novembro, Xogos Autonómicos de Baloncesto, CON ELES, Vilagarcía

14 de decembro, Entrega de premios Ligas 2013

 

:: Outras actividades

9 de marzo, Xornadas de Técnicos Deportivos, e Foro de Ocio e Voluntariado, Santiago

7 de xullo, Convivencia Familiar, sen concretar

Xuño—Agosto, Campamentos de Verán 2013, Galicia

Nadal, Certame de Tarxetas de Nadal, Galicia

Toda a tempada, Partidos do Celta de Vigo, Vigo

ACTO DE ENTREGA DE PREMIOS DA LIGA FÿTBOL SALA E BALONCESTO 2011 E XANTAR DE GALA FIN DE TEMPADA

Normal 0 21 false false false ES X-NONE X-NONE MicrosoftInternetExplorer4

 

 

O Club Deportivo Fademga coa promoción de Special Olympics Galicia e a colaboración do Colexio La Salle está a organizar o acto de entrega de premios da liga Fútbol Sala e Baloncesto 2011 e xantar de gala fin de tempada. Este acontecemento terá lugar o día 17 de decembro en Santiago de Compostela e contará coa asistencia das persoas que participaron este ano 2011 en actividades de Club Deportivo Fademga e Special Olympics Galicia.

Podedes realizar a vosa inscrición pinchando aquí ata o vindeiro 17 de novembro.

13.jpg
Estás aquí:   Inicio
Máis de 200 persoas con discapacidade intelectual darán exemplo de deporte inclusivo en Vilagarcía PDF Imprimir Correo-e

O alcalde do Concello de Vilagarcía D. Alberto Varela, presentou esta mañá o programa dos 23 Xogos de Deportes Minoritarios, acompañado por Dna Consuelo Besada, representando á Deputación de Pontevedra, D. Eladio Fernández, presidente de Special Olympics Galicia, e D. Xosé Luis Queiruga, vicepresidente de CON ELES. Xunto a eles, tamén participaron na rolda de presentación, 2 deportistas da entidade anfitriona de CON ELES que competirán o sábado nos Xogos Autonómicos.

Durante a presentación do programa de actividades, Eladio Fernández quixo destacar “o respaldo co que conta o noso programa deportivo. O proxecto de Special Olympics está implantado en máis de 190 países de todo o mundo, entre eles España, sendo Galicia a Comunidade onde contamos co proxecto máis consolidado”. O presidente tamén quixo agradecer o apoio fundamental do Concello de Vilagarcía para levar a cabo os Xogos, e destacou a filosofía de Special Olympics Galicia, onde “a persoa non se adapta ao deporte, senón que é o deporte o que se adapta ás necesidades da persoa.”

Pola súa banda, o alcalde de Vilagarcía, D. Alberto Varela, emprazou a toda á cidadanía a achegarse o sábado ao pavillón de FEXDEGA, a ver en primeira persoa a actividade de Special Olympics Galicia. Tal e como asegurou, “ao longo de dous anos e medio tiven a oportunidade de asistir a moitos eventos. Algúns quedan máis gravados que outros, e sen dúbida as xornadas que vivín con Special Olympics Galicia foron as máis especiais ás que puiden asistir. Mentres que eu sexa alcalde de Vilagarcía, sempre estarei ao dispor da asociación para colaborar co deporte inclusivo.”

Os Xogos Autonómicos de Deportes Minoritarios contarán por segundo ano consecutivo, coas Escolas de Tenis do Programa da Fundación Rafa Nadal, un proxecto impulsado en colaboración con Special Olympics España e que forma parte do Programa autonómico de actividades deportivas que organiza cada ano Special Olympics Galicia.

Igualmente contaremos de novo coa colaboración da Fundación Mapfre e o seu Programa “Juntos lo logramos” que a través de Special Olympics España ven colaborando nestes xogos para promover a práctica deportiva entre persoas con discapacidade intelectual, o que lles permite mellorar tanto aspectos físicos como psíquicos, emocionais e sociais.

A xornada deportiva, aberta ao público e de entrada gratuíta, inaugurarase ás 10:45 horas, momento no que terá lugar o desfile de todos os deportistas das entidades participantes, e prolongarase ata as 19:00 horas.

Última actualizaciónfeita en Martes, 06 Marzo 2018 15:55
 
Garantia xuvenil
Fademga Plena inclusión Galicia
Facebook
Twitter
Instagram
novas
Voluntariado