ee

ee

Calendario

Special Olympics Galicia, buscando a promoción e a inserción social das persoas con discapacidade intelectual e das súas familias, organiza diversas actividades de ocio, tempo libre, cultura e deporte.

Estas actividades organízanse cada ano, co fin de que as persoas con discapacidade intelectual e as súas familias podan gozar do seu tempo libre do mellor xeito posible.

Podes descaragar o plan completo de datas e actividades premendo no seguinte enlace. PLAN ACTIVIDADES 2017

ACTO DE ENTREGA DE PREMIOS DA LIGA FÿTBOL SALA E BALONCESTO 2011 E XANTAR DE GALA FIN DE TEMPADA

Normal 0 21 false false false ES X-NONE X-NONE MicrosoftInternetExplorer4

 

 

O Club Deportivo Fademga coa promoción de Special Olympics Galicia e a colaboración do Colexio La Salle está a organizar o acto de entrega de premios da liga Fútbol Sala e Baloncesto 2011 e xantar de gala fin de tempada. Este acontecemento terá lugar o día 17 de decembro en Santiago de Compostela e contará coa asistencia das persoas que participaron este ano 2011 en actividades de Club Deportivo Fademga e Special Olympics Galicia.

Podedes realizar a vosa inscrición pinchando aquí ata o vindeiro 17 de novembro.

13.jpg12.jpg
Estás aquí:   Inicio
Os deportistas galegos regresan da súa participación nos xogos de Special Olympics - REUS 2016 PDF Imprimir Correo

Unha delegación galega formada por 6 deportistas con discapacidade intelectual, (usuarios do Centro Ricardo Baró, ASPRONAGA), e 3 monitores, representaron á Comunidade de Galicia nos Special Olympics 2016, que se celebraron en Reus (Tarragona). Historicamente, os usuarios do Centro Ricardo Baró veñen participando en todas as edicións dos Encontros Nacionais de Probas Motrices.

Os Xogos de Special Olympics - Reus 2016 acolleron a máis de 800 deportistas, ademais de 200 adestradores, 500 voluntarios e membros da organización, procedentes de numerosos puntos do territorio español, así como de dez países europeos, ademais de Marrocos e Shanghái. Os xogos contaron con seis modalidades deportivas: natación, baloncesto (feminino, masculino e unificado), tenis, pádel, ximnasia rítmica e probas motrices, unha modalidade deportiva exclusiva destes Xogos.

:: Representación galega: Jesús Campos Branco, José Francisco Díaz, José Jiménez, María Graciela Menéndez, José Antonio Viquendi e José Manuel Queiruga, foron os 6 deportistas que participaron nestes xogos acompañados polos seus monitores Olaya Pacín, Lucía Montalvo e Jorge Paz, xunto á Delegada Laura Aldrey. Os 6 participaron na modalidade de Probas Motrices, deseñadas como Programa de adestramento para persoas cun nivel de discapacidade intelectual severo, que non lles permite beneficiarse dos Programas regulares de adestramento e competición de Special Olympics. Máis aló da competición, os deportistas puideron beneficiarse do programa de saúde exclusivo de Special Olympics, onde voluntarios clínicos realizaron revisións gratuítas.

 

:: Fomento do deporte como elemento de integración: A práctica de deporte mellora a autoestima e as habilidades sociais das persoas con discapacidade intelectual, fomentando o compañeirismo, a colaboración, o traballo en equipo, a súa autonomía persoal e a calidade de vida. Special Olympics Galicia traballa a través do deporte, ofrecendo un amplo programa deportivo ao longo dos doce meses para que os mozos e mozas poidan mellorar a súa autonomía e autoestima a través dun vehículo social tan importante como o deporte

Última actualización en Miércoles, 30 de Noviembre de 2016 11:25
 
Fademga Plena inclusión Galicia
Instagram
Facebook
Twitter
Voluntariado
novas
Xunta de Galicia
Garantia xuvenil
Banner politica social