ee

ee

Calendario

Special Olympics Galicia, buscando a promoción e a inserción social das persoas con discapacidade intelectual e das súas familias, organiza diversas actividades de ocio, tempo libre, cultura e deporte.

Estas actividades organízanse cada ano, co fin de que as persoas con discapacidade intelectual e as súas familias podan gozar do seu tempo libre do mellor xeito posible.

Podes descaragar o plan completo de datas e actividades premendo no seguinte enlace. PLAN ACTIVIDADES 2017

ACTO DE ENTREGA DE PREMIOS DA LIGA FÿTBOL SALA E BALONCESTO 2011 E XANTAR DE GALA FIN DE TEMPADA

Normal 0 21 false false false ES X-NONE X-NONE MicrosoftInternetExplorer4

 

 

O Club Deportivo Fademga coa promoción de Special Olympics Galicia e a colaboración do Colexio La Salle está a organizar o acto de entrega de premios da liga Fútbol Sala e Baloncesto 2011 e xantar de gala fin de tempada. Este acontecemento terá lugar o día 17 de decembro en Santiago de Compostela e contará coa asistencia das persoas que participaron este ano 2011 en actividades de Club Deportivo Fademga e Special Olympics Galicia.

Podedes realizar a vosa inscrición pinchando aquí ata o vindeiro 17 de novembro.

13.jpg12.jpg
Estás aquí:   Inicio
Persoas con discapacidade intelectual compartiron unha xornada de sendeirismo con voluntarios de Fundación Telefónica PDF Imprimir Correo

Persoas con discapacidade intelectual de Santiago e Pontevedra, participaron este venres 21 de outubro nunha xornada de sendeirismo a través dos parques de Santiago. En total, 15 atletas acompañados de 5 adestradores percorreron a cidade xunto a voluntarios da Fundación Telefónica, que lles acompañaron durante toda a mañá a través dos 5 km de ruta que percorreu as diferentes zonas verdes da cidade de Santiago.
A saída da ruta tiña lugar ás 10:30 desde a Alameda e a actividade prolongouse durante toda a mañá a través de Vista Alegre, Galeras e o Campus Sur, até acabar novamente na Alameda.

Segundo Eladio Fernández, presidente de Special Olympics Galicia "O obxectivo destas xornadas consiste en gozar dun deporte ao aire libre fomentando a integración, o voluntariado e gozando dunha xornada de compañeirismo e diversión".

No acto de inauguración acompañounos Dna. Noa Morais, Concelleira de Deporte do Concello de Santiago, D. Marcelo da Cruz, Presidente de ASPAS, D. Javier García, Secretario de Special Olympics Galicia e D. Eladio Fernández, Presidente de Special Olympics Galicia.

:: Día do Voluntariado da Fundación Telefónica

O venres 21 de outubro Fundación Telefónica celebra o seu Día Internacional do Voluntario Telefónica onde empregados de todo o mundo participan en diferentes actividades de voluntariado en máis de 30 países. En España organízanse máis de 180 actividades en todas as provincias españolas entre as que se atopa a nosa actividade de sendeirismo a través dos parques de Santiago.

Última actualización en Viernes, 21 de Octubre de 2016 12:19
 
Fademga Plena inclusión Galicia
Instagram
Facebook
Twitter
Voluntariado
novas
Xunta de Galicia
Garantia xuvenil
Banner politica social