ee

ee

Calendario

Special Olympics Galicia, buscando a promoción e a inserción social das persoas con discapacidade intelectual e das súas familias, organiza diversas actividades de ocio, tempo libre, cultura e deporte.

Estas actividades organízanse cada ano, co fin de que as persoas con discapacidade intelectual e as súas familias podan gozar do seu tempo libre do mellor xeito posible.

Podes descaragar o plan completo de datas e actividades premendo no seguinte enlace. PLAN ACTIVIDADES 2017

ACTO DE ENTREGA DE PREMIOS DA LIGA FÿTBOL SALA E BALONCESTO 2011 E XANTAR DE GALA FIN DE TEMPADA

Normal 0 21 false false false ES X-NONE X-NONE MicrosoftInternetExplorer4

 

 

O Club Deportivo Fademga coa promoción de Special Olympics Galicia e a colaboración do Colexio La Salle está a organizar o acto de entrega de premios da liga Fútbol Sala e Baloncesto 2011 e xantar de gala fin de tempada. Este acontecemento terá lugar o día 17 de decembro en Santiago de Compostela e contará coa asistencia das persoas que participaron este ano 2011 en actividades de Club Deportivo Fademga e Special Olympics Galicia.

Podedes realizar a vosa inscrición pinchando aquí ata o vindeiro 17 de novembro.

13.jpg12.jpg
Estás aquí:   Inicio
Deportistas con e sen discapacidade, uniranse na Marcha Ciclista Unificada a Galicia PDF Imprimir Correo

A Concelleira de Servizos Sociais de Monforte, Dona Gloria Prada, e o Deputado Provincial da Área de Innovación, Participación Cidadá, Mocidade e Deporte, D. Pablo Rivera Capón apoiaron a presentación da Marcha Ciclista Unificada a Galicia, organizada por Special Olympics, e na que participarán persoas con discapacidade intelectual de toda a comunidade, acompañados dunha delegación de Special Olympics Cataluña e de varios clubs ciclistas galegos.

Persoas con e sen discapacidade participarán entre o 19 e o 21 de agosto nesta marcha que se celebra xa por cuarto ano consecutivo, sendo esta a primeira vez que se realizan varias rutas por diferentes cidades galegas. Trátase dunha iniciativa pioneira en toda España á hora de adaptar o ciclismo ás necesidades das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento.

En palabras do deputado Pablo Rivera “Hai que destacar o aspecto tremendamente inclusivo e innovador desta marcha na que poden participar outras persoas que non teñen discapacidade. A labor de combinar deporte e integración e ofrecerllo tamén a aqueles que contan con máis dificultades é moi importante, e calquera administración debe estar do lado deste tipo de iniciativas”. “Gustaríame tamén felicitar aos clubs que colaboran na organización destas rutas, e dende logo, convidarvos a todos a que durante esos 3 días que durará a marcha ciclista de Special Olympics vos cheguedes a coñecer esta realidade”

Pola súa banda, Eladio Fernández, presidente da entidade, incidiu no carácter innovador da iniciativa “que nacía hai xa 3 anos na Ribeira Sacra, e que cada ano conta con máis apoio, sendo posibles estas 3 etapas en Ourense, en Lugo e en Santiago.”

Un dos deportistas da entidade PRODEME, dixo sentirse moi ilusionado con esta ruta, e agradeceu a tódolos adestradores e ciclistas que os van a apoiar, esperando que nos próximos anos podan ir sendo rutas “cada vez máis elaboradas”.

Cada etapa será aproximadamente de 15 km, cunha proba adaptada de 1 km final para aqueles deportistas con maiores necesidades de apoio.

Última actualización en Jueves, 11 de Agosto de 2016 11:54
 
Fademga Plena inclusión Galicia
Instagram
Facebook
Twitter
Voluntariado
novas
Xunta de Galicia
Garantia xuvenil
Banner politica social