ee

ee

Calendario

Special Olympics Galicia, buscando a promoción e a inserción social das persoas con discapacidade intelectual e das súas familias, organiza diversas actividades de ocio, tempo libre, cultura e deporte.

Estas actividades organízanse cada ano, co fin de que as persoas con discapacidade intelectual e as súas familias podan gozar do seu tempo libre do mellor xeito posible.

Podes descaragar o plan completo de datas e actividades premendo no seguinte enlace. PLAN ACTIVIDADES 2017

ACTO DE ENTREGA DE PREMIOS DA LIGA FÿTBOL SALA E BALONCESTO 2011 E XANTAR DE GALA FIN DE TEMPADA

Normal 0 21 false false false ES X-NONE X-NONE MicrosoftInternetExplorer4

 

 

O Club Deportivo Fademga coa promoción de Special Olympics Galicia e a colaboración do Colexio La Salle está a organizar o acto de entrega de premios da liga Fútbol Sala e Baloncesto 2011 e xantar de gala fin de tempada. Este acontecemento terá lugar o día 17 de decembro en Santiago de Compostela e contará coa asistencia das persoas que participaron este ano 2011 en actividades de Club Deportivo Fademga e Special Olympics Galicia.

Podedes realizar a vosa inscrición pinchando aquí ata o vindeiro 17 de novembro.

13.jpg12.jpg
Estás aquí:   Inicio
Special Olympics Galicia prepara 3 días de marcha ciclista por toda Galicia PDF Imprimir Correo

Persoas con e sen discapacidade de toda Galicia, participarán entre o 19 e o 21 de agosto na Marcha ciclista unificada de Galicia que organiza a nosa entidade. A pesar de que se trata xa do cuarto ano consecutivo que organizamos unha proba ciclista, é o primeiro ano que se realizan varias rutas por diferentes cidades galegas, sendo os pioneiros en toda España á hora de adaptar este deporte ás necesidades das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento. O obxectivo deste evento, consolidado xa a nivel galego, é convertelo non só nunha actividade deportiva máis, senón tamén nun evento responsable e inclusivo, que axude a visibilizar ao colectivo de persoas con discapacidade intelectual como cidadáns de pleno dereito.

Como afirma Eladio Fernández, presidente da entidade, "Trátase dun paso máis para que a sociedade coñeza ás persoas con discapacidade intelectual, e comprenda que cada unha dela ten as súas capacidades, gustos, soños, necesidades e particularidades como calquera de nós. Cos apoios adecuados, todas elas poderán progresar e contribuír á sociedade".

 

:: 3 cidades unidas polo deporte e a inclusión

Durante 3 días, Ourense, Lugo e Santiago de Compostela acollerán esta marcha na que participarán deportistas de 6 entidades galegas da discapacidade intelectual. Ademais, contaremos coa participación dunha delegación de Special Olympics Cataluña, que participarán nas 3 etapas. As 3 rutas serán unificadas, o que significa que estarán compostas por atletas con e sen discapacidade, contando coa participación de diferentes clubs ciclistas así como dos Voluntarios Unificados de Special Olympics Galicia e os Voluntarios do Club Xuvenil La Salle de Santiago de Compostela. Cada etapa será aproximadamente de 15 km, cunha proba adaptada de 1 km final para aqueles deportistas con maiores necesidades de apoio. A presentación oficial da Marcha ciclista terá lugar o próximo 10 de agosto en Monforte.

Última actualización en Jueves, 04 de Agosto de 2016 13:23
 
Fademga Plena inclusión Galicia
Instagram
Facebook
Twitter
Voluntariado
novas
Xunta de Galicia
Garantia xuvenil
Banner politica social