ee

ee

Calendario

Special Olympics Galicia, buscando a promoción e a inserción social das persoas con discapacidade intelectual e das súas familias, organiza diversas actividades de ocio, tempo libre, cultura e deporte.

Estas actividades organízanse cada ano, co fin de que as persoas con discapacidade intelectual e as súas familias podan gozar do seu tempo libre do mellor xeito posible.

Podes descaragar o plan completo de datas e actividades premendo no seguinte enlace. PLAN ACTIVIDADES 2017

ACTO DE ENTREGA DE PREMIOS DA LIGA FÿTBOL SALA E BALONCESTO 2011 E XANTAR DE GALA FIN DE TEMPADA

Normal 0 21 false false false ES X-NONE X-NONE MicrosoftInternetExplorer4

 

 

O Club Deportivo Fademga coa promoción de Special Olympics Galicia e a colaboración do Colexio La Salle está a organizar o acto de entrega de premios da liga Fútbol Sala e Baloncesto 2011 e xantar de gala fin de tempada. Este acontecemento terá lugar o día 17 de decembro en Santiago de Compostela e contará coa asistencia das persoas que participaron este ano 2011 en actividades de Club Deportivo Fademga e Special Olympics Galicia.

Podedes realizar a vosa inscrición pinchando aquí ata o vindeiro 17 de novembro.

13.jpg12.jpg
Estás aquí:   Inicio
Monforte acolle unha nova edición dos Xogos Autonómicos de Campo a Través PDF Imprimir Correo

Monforte acolle este sábado unha nova edición dos Xogos Autonómicos de Campo a Través Special Olympics de Galicia. A competición reunirá na cidade do Cabe un total de 371 persoas, entre atletas, adestradores, voluntarios e organización.

A concelleira de Servizos Sociais, Gloria Prada, foi a encargada de presentar este evento: “dende o Concello de Monforte queremos darvos a noraboa porque un evento destas características cumpre xa a súa décimo novena edición, e por facer que Monforte se convirta por un día no centro do deporte adaptado a nivel galego”. Gloria Prada destacou tamén que “os responsables das administracións somos conscientes da importancia que ten o deporte como medio socializador e transmisor de valores tan positivos como a superación, o xogo limpo, o compañeirismo, e como medio para inculcar hábitos de vida saudables, e neste caso como medio para mellorar a calidade de vida de rapaces e rapazas”.

Pola súa banda, Elías Palacio membro da Xunta Directiva de Special Olympics Galicia, destacou “a fidelidade de Monforte a estes Xogos, que cada ano reúnen a máis de 300 persoas con e sen discapacidade inteletual nunha xornada de deporte e lecer.” Os Xogos vanse desenvolver no circuito de As Lamas e están organizados en colaboración coa Asociación Prodeme.

Última actualización en Jueves, 26 de Mayo de 2016 15:59
 
Fademga Plena inclusión Galicia
Instagram
Facebook
Twitter
Voluntariado
novas
Xunta de Galicia
Garantia xuvenil
Banner politica social