ee

ee

Calendario

Special Olympics Galicia, buscando a promoción e a inserción social das persoas con discapacidade intelectual e das súas familias, organiza diversas actividades de ocio, tempo libre, cultura e deporte.

Estas actividades organízanse cada ano, co fin de que as persoas con discapacidade intelectual e as súas familias podan gozar do seu tempo libre do mellor xeito posible.

Podes descaragar o plan completo de datas e actividades premendo no seguinte enlace. PLAN ACTIVIDADES 2017

ACTO DE ENTREGA DE PREMIOS DA LIGA FÿTBOL SALA E BALONCESTO 2011 E XANTAR DE GALA FIN DE TEMPADA

Normal 0 21 false false false ES X-NONE X-NONE MicrosoftInternetExplorer4

 

 

O Club Deportivo Fademga coa promoción de Special Olympics Galicia e a colaboración do Colexio La Salle está a organizar o acto de entrega de premios da liga Fútbol Sala e Baloncesto 2011 e xantar de gala fin de tempada. Este acontecemento terá lugar o día 17 de decembro en Santiago de Compostela e contará coa asistencia das persoas que participaron este ano 2011 en actividades de Club Deportivo Fademga e Special Olympics Galicia.

Podedes realizar a vosa inscrición pinchando aquí ata o vindeiro 17 de novembro.

13.jpg12.jpg
Estás aquí:   Inicio Comunicación As ligas de Baloncesto para persoas con discapacidade intelectual, volven máis fortes que nunca
As ligas de Baloncesto para persoas con discapacidade intelectual, volven máis fortes que nunca PDF Imprimir Correo

Este ano incorpórase a colaboración da Federación Galega de Baloncesto, que nos prestará o seu apoio no desenvolvemento dos partidos

As ligas de Baloncesto do Club Deportivo FADEMGA, promovidas por Special Olympics Galicia, comezan reforzadas, grazas a nosa nova colaboración coa Federación Galega de Baloncesto, despois de que o pasado 5 de abril, ambas as entidades asinasen un convenio que teñen como obxectivo promover a práctica do baloncesto e do baloncesto unificado entre as persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento.


En total, 15 equipos de toda Galicia formados por preto de 200 deportistas, enfrontaranse nestas ligas que unen por vez primeira o traballo de Special Olympics Galicia co de dáa Federación Galega de Baloncesto.

O Comité Galego de Árbitros será o departamento federativo encargado de controlar esta actividade, designando e formando parte da mesma, a través de cursos online aos colexiados pertinentes, que serán os responsables de arbitrar os partidos nos que participarán preto de 200 persoas con discapacidade intelectual.


As ligas do Club FADEMGA, promovidas por Special Olympics Galicia son uns xogos que veñen organizando cado ano a través de diferentes localidades galegas. Coa organización destas actividades, Special Olympics Galicia pretende animar a todas as persoas con discapacidade intelectual a practicar deporte, deixando de lado as diferentes limitacións e priorizando o fomento das calidades de cada atleta. 

Última actualización en Jueves, 14 de Abril de 2016 10:12
 
Fademga Plena inclusión Galicia
Instagram
Facebook
Twitter
Voluntariado
novas
Xunta de Galicia
Garantia xuvenil
Banner politica social