ee

ee

Calendario

Special Olympics Galicia, buscando a promoción e a inserción social das persoas con discapacidade intelectual e das súas familias, organiza diversas actividades de ocio, tempo libre, cultura e deporte.

Estas actividades organízanse cada ano, co fin de que as persoas con discapacidade intelectual e as súas familias podan gozar do seu tempo libre do mellor xeito posible.

Podes descaragar o plan completo de datas e actividades premendo no seguinte enlace. PLAN ACTIVIDADES 2017

ACTO DE ENTREGA DE PREMIOS DA LIGA FÿTBOL SALA E BALONCESTO 2011 E XANTAR DE GALA FIN DE TEMPADA

Normal 0 21 false false false ES X-NONE X-NONE MicrosoftInternetExplorer4

 

 

O Club Deportivo Fademga coa promoción de Special Olympics Galicia e a colaboración do Colexio La Salle está a organizar o acto de entrega de premios da liga Fútbol Sala e Baloncesto 2011 e xantar de gala fin de tempada. Este acontecemento terá lugar o día 17 de decembro en Santiago de Compostela e contará coa asistencia das persoas que participaron este ano 2011 en actividades de Club Deportivo Fademga e Special Olympics Galicia.

Podedes realizar a vosa inscrición pinchando aquí ata o vindeiro 17 de novembro.

13.jpg12.jpg
Estás aquí:   Inicio Comunicación Máis de 200 deportistas con discapacidade intelectual participan este domingo no Maratón Urbano de Riveira
Máis de 200 deportistas con discapacidade intelectual participan este domingo no Maratón Urbano de Riveira PDF Imprimir Correo

O Concelleiro de Deportes de Riveira, Dº. Juan Luis Martínez Queiruga, presentou esta mañán o 17º Maratón Autonómico de Special Olympics Galicia, para persoas con discapacidade intelectual, que se desenvolverá polas rúas de Riveira o vindeiro domingo.

 

O concelleiro estivo acompañado para elo da Concelleira de Servizos Sociais Dona Mª Carmen Vizcaya Sampedro, de Dª Esther Vidal Rodríguez Presidenta da Asociación AMICOS, de D. Xosé Luis Queiruga, membro da Xunta Directiva de Special Olympics, e de Francisco Rodríguez Noya, un dos deportistas que participará na proba atlética.

O concelleiro de Deportes quixo resaltar durante a presentación que “para min é un orgullo poder despedirme así deste cargo, cunha actividade tan loable coma esta. Unha desas probas que levamos anos loitando por ter, xa que a aposta deste Concello pola discapacidade intelectual sempre foi moi grande. Trátase dunha proba moi fermosa e espectacular que se levará a cabo á beira do mar, polo que fago un chamamento a tódolos riveirenses para que se acheguen a vela e animen aos deportistas”

A presidenta da entidade AMICOS agradeceu ao Concello de Riveira o seu apoio e tamén quixo ter unas palabras para os voluntarios que apoiarán unha vez máis este evento destinado ao deporte e á integración, ”sen eles, este tipo de eventos non sería posible”.

Finalmente Xosé Luis Queiruga destacou o labor de Special Olympics Galicia por facer visible a discapacidade intelectual a través de toda a xeografía galega. “Estes eventos deportivos axudan a facer visibles ante a sociedade ás persoas con discapacidade intelectual. A conciencia social obtense cando se ve a mellora na calidade de vida destas persoas e o deporte e o ocio seguen a ser unha baza moi importante para que demostren a súa valía”.

O 17 Maratón Urbano, dará comenzo o domingo ás 10.45 horas do domingo, co desfile dos deportistas. As carreiras levaranse a cabo dende as 12.00 ata as 14.30 horas aproximadamente, momento no que se procederá á súa clausura.

En total participarán 17 asociacións con máis de 200 deportistas con discapacidade intelectual que estarán apoiados por 60 voluntarios.

Última actualización en Jueves, 26 de Mayo de 2016 16:59
 
Fademga Plena inclusión Galicia
Instagram
Facebook
Twitter
Voluntariado
novas
Xunta de Galicia
Garantia xuvenil
Banner politica social