ee

ee

Calendario

Special Olympics Galicia, buscando a promoción e a inserción social das persoas con discapacidade intelectual e das súas familias, organiza diversas actividades de ocio, tempo libre, cultura e deporte.

Estas actividades organízanse cada ano, co fin de que as persoas con discapacidade intelectual e as súas familias podan gozar do seu tempo libre do mellor xeito posible.

Podes descaragar o plan completo de datas e actividades premendo no seguinte enlace. PLAN ACTIVIDADES 2017

ACTO DE ENTREGA DE PREMIOS DA LIGA FÿTBOL SALA E BALONCESTO 2011 E XANTAR DE GALA FIN DE TEMPADA

Normal 0 21 false false false ES X-NONE X-NONE MicrosoftInternetExplorer4

 

 

O Club Deportivo Fademga coa promoción de Special Olympics Galicia e a colaboración do Colexio La Salle está a organizar o acto de entrega de premios da liga Fútbol Sala e Baloncesto 2011 e xantar de gala fin de tempada. Este acontecemento terá lugar o día 17 de decembro en Santiago de Compostela e contará coa asistencia das persoas que participaron este ano 2011 en actividades de Club Deportivo Fademga e Special Olympics Galicia.

Podedes realizar a vosa inscrición pinchando aquí ata o vindeiro 17 de novembro.

13.jpg12.jpg
Estás aquí:   Inicio Comunicación I Xogos Interautonómicos Special Olympics, en Santiago de Compostela
I Xogos Interautonómicos Special Olympics, en Santiago de Compostela PDF Imprimir Correo

Do 15 ao 17 de xuño terán lugar en Santiago de Compostela os I Xogos Interautonómicos de Atletismo organizados por Special Olympics. A figura do voluntariado constitúe un elemento imprescindible en calquera das nosas actividades, porque grazas ao seu traballo e solidariedade faise posible a integración social e contribúese a potenciar as capacidades das persoas con discapacidade intelectual.

Por todo elo, gustaríanos contar coa túa colaboración. Se estás interesado, xa podes realizar a inscrición para participar como voluntario a través do seguinte enlace:

www.voluntariadogalego.org

 

En Special Olympics dependemos de vós, as persoas voluntarias, para poder organizar todas as nosas actividades deportivas.
En concreto, estes I Xogos Interautonómicos de Atletismo nacen cos seguintes obxectivos:
- Ofrecer un sistema de competición a entidades e clubs de Galicia e outras Comunidades autónomas, que adestran durante todo o ano.
- Promocionar o deporte base.
- Proporcionar un sistema de competición igualitario adaptado a cada persoa.
- Posibilitar unha competición deportiva organizada e de calidade.
- Ter un punto de encontro no que poidan participar todas as persoas con discapacidade gozando dunha xornada deportiva normalizada.
- Favorecer un entorno de convivencia entre os voluntariados e as persoas con discapacidade intelectual de Galicia.
- Facer visibles as capacidades das persoas.
- Desenvolver a autonomía de todos os participantes.
- Potenciar as habilidades e destrezas para relacionarse.
- Concienciar e difundir a imaxe positiva e respectuosa das persoas con discapacidade intelectual.
- Enriquecer mediante a acción voluntaria as actuacións mellorando a calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual.
- Eliminar barreiras e estereotipos que dificultan a normalización.
Achegar a discapacidade a toda a sociedade.
- Adaptar a actividade á persoa proporcionándolle os apoios necesarios.

Se queres colaborar con nós e axudarnos a organizar unha actividade de deporte normalizado e adaptado a cada tipo de persoa podes inscribirte cubrindo o formulario de inscrición.

PERFÍL:
- Maior de 18 anos.
- Con carné de Conducir B.
- Preferentemente Estudantes Universitarios ou de Ciclos de Formación Profesional.

FUNCIÿNS DO VOLUNTARIO:
- Apoio na competición deportiva.
- Axuda a coordinación do transporte e aparcamento.
- Apoio o departamento de prensa e protocolo.
- Loxística nos actos de inauguración e clausura.
- Convivencia e apoio as delegacións galegas.

Programa de actos e lugar de celebración dos mesmos:

XOVES 14: 
19:00- 21:00 Percorrido da antorcha polas rúas de Santiago.

VENRES 15:
20:00- Acto de inauguración pavillón da Universidade.

SÁBADO 16:
09:30-14:30 Competición e entregas de premios - Pistas de atletismo da Universidade.
16:00- 20:00 - Competición e entregas de premios- Pistas de atletismo da Universidade.
22:00- 00:00 - Festa deportistas - Pavillón 14 - Monte do Gozo.

DOMINGO 17:
09:30- 12:30 - Competición e entregas de premios - Pistas de atletismo Universidade.
13:30 - Acto de clausura - Pistas de atletismo ou Pavillón (segundo o tempo).

Última actualización en Viernes, 01 de Junio de 2012 19:07
 
Fademga Plena inclusión Galicia
Instagram
Facebook
Twitter
Voluntariado
novas
Xunta de Galicia
Garantia xuvenil
Banner politica social