ee

ee

Calendario

Special Olympics Galicia, buscando a promoción e a inserción social das persoas con discapacidade intelectual e das súas familias, organiza diversas actividades de ocio, tempo libre, cultura e deporte.

Estas actividades organízanse cada ano, co fin de que as persoas con discapacidade intelectual e as súas familias podan gozar do seu tempo libre do mellor xeito posible.

Podes descaragar o plan completo de datas e actividades premendo no seguinte enlace. PLAN ACTIVIDADES 2017

ACTO DE ENTREGA DE PREMIOS DA LIGA FÿTBOL SALA E BALONCESTO 2011 E XANTAR DE GALA FIN DE TEMPADA

Normal 0 21 false false false ES X-NONE X-NONE MicrosoftInternetExplorer4

 

 

O Club Deportivo Fademga coa promoción de Special Olympics Galicia e a colaboración do Colexio La Salle está a organizar o acto de entrega de premios da liga Fútbol Sala e Baloncesto 2011 e xantar de gala fin de tempada. Este acontecemento terá lugar o día 17 de decembro en Santiago de Compostela e contará coa asistencia das persoas que participaron este ano 2011 en actividades de Club Deportivo Fademga e Special Olympics Galicia.

Podedes realizar a vosa inscrición pinchando aquí ata o vindeiro 17 de novembro.

13.jpg12.jpg
Estás aquí:   Inicio Comunicación Os Xogos de Deportes Minoritarios, abriron a tempada deportiva de Special Olympics Galicia
Os Xogos de Deportes Minoritarios, abriron a tempada deportiva de Special Olympics Galicia PDF Imprimir Correo
O sábado 24 de marzo, a localidade de Oleiros acolleu por terceiro ano consecutivo, a celebración dos Xogos Autonómicos de Deportes Minoritarios, que un ano máis foi organizada en colaboración coa entidade anfitriona, ASPRONAGA.

A inauguración da xornada tiña lugar ás 11:00 da mañá, cando as 27 entidades participantes desfilaron ante as autoridades presentes, entre as que se atopaban o Concelleiro de Benestar Social e Sanidade do Concello de Oleiros, D. Ignacio Crespo, o Delegado de Educación, Deporte e Xuventude do Concello da Coruña, D Francisco José Mourelo, o Presidente de Aspronaga D. Álvaro Martínez e o Presidente de Special Olympics Galicia D. Eladio Fernández, quen animou a todos os deportistas a pasar un día de diversión sen esquecer o compañerismo e o xogo limpo. 
 
  
:: Petanca, a actividade estrela desta edición Durante toda a xornada, os preto de 400 deportistas con discapacidade intelectual que se achegaron ata as instalacións de INEF en Oleiros, puideron participar en diferentes modalidades deportivas como o bádminton, o tenis de mesa, as probas motrices e a petanca. Esta última foi a actividade máis demandada por todos os atletas, chegando a participar 172 persoas. Ademais, por segundo ano consecutivo, Special Olympics Galicia continuará recibindo en cada xornada deportiva a diferentes delegacións doutras comunidades. Nesta ocasión, Special Olympics Asturias foi quen acompañou aos atletas galegos nas diferentes probas, afianzándose así o lazo con esta Comunidade, que participa moi activamente non só nos actos deportivos, senón noutro tipo de eventos organizados por Special Olympics Galicia como as Xornadas de Convivencia Familiar ou as Peregrinacións a Santiago.
Última actualización en Viernes, 30 de Marzo de 2012 10:30
 
Fademga Plena inclusión Galicia
Instagram
Facebook
Twitter
Voluntariado
novas
Xunta de Galicia
Garantia xuvenil
Banner politica social