ee

ee

Calendario

Special Olympics Galicia, buscando a promoción e a inserción social das persoas con discapacidade intelectual e das súas familias, organiza diversas actividades de ocio, tempo libre, cultura e deporte.

Estas actividades organízanse cada ano, co fin de que as persoas con discapacidade intelectual e as súas familias podan gozar do seu tempo libre do mellor xeito posible.

Podes descaragar o plan completo de datas e actividades premendo no seguinte enlace. PLAN ACTIVIDADES 2017

ACTO DE ENTREGA DE PREMIOS DA LIGA FÿTBOL SALA E BALONCESTO 2011 E XANTAR DE GALA FIN DE TEMPADA

Normal 0 21 false false false ES X-NONE X-NONE MicrosoftInternetExplorer4

 

 

O Club Deportivo Fademga coa promoción de Special Olympics Galicia e a colaboración do Colexio La Salle está a organizar o acto de entrega de premios da liga Fútbol Sala e Baloncesto 2011 e xantar de gala fin de tempada. Este acontecemento terá lugar o día 17 de decembro en Santiago de Compostela e contará coa asistencia das persoas que participaron este ano 2011 en actividades de Club Deportivo Fademga e Special Olympics Galicia.

Podedes realizar a vosa inscrición pinchando aquí ata o vindeiro 17 de novembro.

13.jpg12.jpg
Estás aquí:   Inicio Comunicación PRESENTADO O PROGRAMA DOS XV XOGOS AUTONÿMICOS DE NATACIÿN SPECIAL OLYMPICS GALICIA EN OURENSE
PRESENTADO O PROGRAMA DOS XV XOGOS AUTONÿMICOS DE NATACIÿN SPECIAL OLYMPICS GALICIA EN OURENSE PDF Imprimir Correo

O Concello de Ourense  acolleu esta mañá a presentación do Programa dos XV Xogos de Natación Special Olympics Galicia.En total máis de  400 persoas daránse cita na Piscina Municipal do Pavillón dos Remedios de Ourense para disputar estes xogos.


Xoves, 20 de outubro, Ourense. O Concello de Ourense  acolleu esta mañá a presentación do Programa dos XV Xogos de Natación Special Olympics Galicia.  A presentación do programa dos xogos correu a cargo do Concelleiro de Deportes, D. Xosé Fernándo Varela Parada acompañado da Concelleira de Benestar, Dna. Margarita Martín Rodríguez, Presidente de AS BURGAS, D. Antonio Rincón e o Presidente de Special Olympics Galicia D. Eladio Fernández.
Durante a presentación, o Concelleiro de Deportes e a Concelleira de Benestar quixeron brindar a Special Olympics Galicia e AS BURGAS, a entidade anfitriona dos xogos, ?o apoio do Concello para realizar este traballo a favor da normalización do día a día das persoas con discapacidade intelectual?
Pola súa banda, o Presidente de Special Olympics Galicia, D. Eladio Fernández,  agradeceu ó Concello e a Xunta de Galicia o apoio concedido aos programas deportivos de Special Olympics Galicia. Tamén explicou algunhas das novidades coas que contan as competicións de Special Olympics Galicia este ano.
Entre estas novidades, destaca a participación dunha entidade invitada en cada unha das xornadas deportivas. Nesta ocasión, a entidade invitada será Special Olympics Cataluña, grazas ao apoio e patrocinio recibido por parte da  Fundación Special Olympics España. A outra das novidades que introduciu o Presidente, foi  o Premio ás Boas Prácticas ?do que xa están tomando boa nota noutras comunidades autónomas? e que entregan as persoas con discapacidade intelectual a aquela entidade que destaque polo seu xogo limpo e pola súa nobleza na práctica deportiva durante a competición.
Finalmente o Presidente de Special Olympics Galicia quixo animar a tódolos ourensáns a achegarse ata a Piscina Municipal do Pavillón dos Remedios de Ourense para asistir aos xogos e comprobar o esforzo que as persoas con discapacidade intelectual realizan en cada competición para superarse a sí mesmas.

 

Presentacion XV natacion Ourense 002.jpg

 
Fademga Plena inclusión Galicia
Instagram
Facebook
Twitter
Voluntariado
novas
Xunta de Galicia
Garantia xuvenil
Banner politica social