ee

ee

Calendario

Special Olympics Galicia, buscando a promoción e a inserción social das persoas con discapacidade intelectual e das súas familias, organiza diversas actividades de ocio, tempo libre, cultura e deporte.

Estas actividades organízanse cada ano, co fin de que as persoas con discapacidade intelectual e as súas familias podan gozar do seu tempo libre do mellor xeito posible.

Podes descaragar o plan completo de datas e actividades premendo no seguinte enlace. PLAN ACTIVIDADES 2017

ACTO DE ENTREGA DE PREMIOS DA LIGA FÿTBOL SALA E BALONCESTO 2011 E XANTAR DE GALA FIN DE TEMPADA

Normal 0 21 false false false ES X-NONE X-NONE MicrosoftInternetExplorer4

 

 

O Club Deportivo Fademga coa promoción de Special Olympics Galicia e a colaboración do Colexio La Salle está a organizar o acto de entrega de premios da liga Fútbol Sala e Baloncesto 2011 e xantar de gala fin de tempada. Este acontecemento terá lugar o día 17 de decembro en Santiago de Compostela e contará coa asistencia das persoas que participaron este ano 2011 en actividades de Club Deportivo Fademga e Special Olympics Galicia.

Podedes realizar a vosa inscrición pinchando aquí ata o vindeiro 17 de novembro.

13.jpg12.jpg
Estás aquí:   Inicio Comunicación Máis de 300 deportistas participaron nos Xogos de Campo a Través
Máis de 300 deportistas participaron nos Xogos de Campo a Través PDF Imprimir Correo

-    A competición atlética, tradicional xa dende a súa creación en 1997, reuniu en Monforte a un total de 466 persoas entre atletas, adestradores, voluntarios e organización.

-    Os Xogos, que tiveron lugar no circuito de As Lamas, estiveron organizados coa colaboración da Asociación local Prodeme.

carlota atletismo.jpg

Esta nova edición dos Xogos Autonómicos contou  cun total de 309 deportistas con discapacidade intelectual de 25 asociacións de toda Galicia e de León acompañados por 91 adestradores. En total Monforte acollerá a 466 persoas entre atletas, adestradores, voluntarios e integrantes da organización.


Antes de dar comezo os xogos, os deportistas destas 25  asociacións participantes desfilaron ante os presentes e  un deportista da Asociación PRODEME leu o lema dos deportistas de Special Olympics ?Quero gañar, máis se non o acado, deixádeme ser valente no intento?. O Concelleiro de Deportes, Xose Lois Losada, tamén quixo formar parte deste desfile, sendo o encargado de desfilar coa bandeira de Galicia.

 

Seguir lendo...

 

Os xogos, que se prolongaron durante toda a xornada do sábado, contaron con diversas categorías de participación, en función da idade dos participantes que correron distancias de 300, 400, 1.500 e 3.000 metros nos niveis I e II tanto masculino coma feminino; mentres que as probas adaptadas para o nivel III realizáronse en distancias de 25 metros marcha asistida; 25 metros carreira; 50 metros marcha; 50 metros cadeira de rodas; e 60 metros asistida verbal tanto masculino coma femenino. 

Ao finalizar as probas, o Presidente de Special Olympics Galicia, Eladio Fernádez, fixo entrega do Premio ás Boas Prácticas, que recaeu na entidade anfitriona de Prodeme.

 

:: SPECIAL OLYMPICS CASTILLA Y LEÿN FOI A ENTIDADE INVITADA

Seguindo o Programa de Invitacións de este ano, Special Olympics Galicia contou coa participación da asociación ASPRONA, de León, grazas ao apoio e patrocinio recibido por parte da  Fundación Special Olympics España. Esta asociación súmase así a Special Olympics Madrid, que inauguraba esta serie de participacións nos pasados xogos de Fútbol Sala.

 

Última actualización en Martes, 24 de Mayo de 2011 12:59
 
Fademga Plena inclusión Galicia
Instagram
Facebook
Twitter
Voluntariado
novas
Xunta de Galicia
Garantia xuvenil
Banner politica social