ee

ee

Calendario

Special Olympics Galicia, buscando a promoción e a inserción social das persoas con discapacidade intelectual e das súas familias, organiza diversas actividades de ocio, tempo libre, cultura e deporte.

Estas actividades organízanse cada ano, co fin de que as persoas con discapacidade intelectual e as súas familias podan gozar do seu tempo libre do mellor xeito posible.

Podes descaragar o plan completo de datas e actividades premendo no seguinte enlace. PLAN ACTIVIDADES 2017

ACTO DE ENTREGA DE PREMIOS DA LIGA FÿTBOL SALA E BALONCESTO 2011 E XANTAR DE GALA FIN DE TEMPADA

Normal 0 21 false false false ES X-NONE X-NONE MicrosoftInternetExplorer4

 

 

O Club Deportivo Fademga coa promoción de Special Olympics Galicia e a colaboración do Colexio La Salle está a organizar o acto de entrega de premios da liga Fútbol Sala e Baloncesto 2011 e xantar de gala fin de tempada. Este acontecemento terá lugar o día 17 de decembro en Santiago de Compostela e contará coa asistencia das persoas que participaron este ano 2011 en actividades de Club Deportivo Fademga e Special Olympics Galicia.

Podedes realizar a vosa inscrición pinchando aquí ata o vindeiro 17 de novembro.

13.jpg12.jpg
Estás aquí:   Inicio Comunicación O movemento asociativo de Fademga, galardoado co Premio ao Mérito Deportivo
O movemento asociativo de Fademga, galardoado co Premio ao Mérito Deportivo PDF Imprimir Correo

 

Grazas a este galardón, Galicia convértese na primeira Comunidade Autónoma en contar cun recoñecemento institucional desta índole.

 

O movemento asociativo de Fademga, reciciu o pasado luns, a través de Special Olympics Galicia, a distinción ao Mérito Deportivo, os primeiros galardóns desta índole que se entregan en Galicia. O premio foi recollido por Eladio Fernández, Presidente de Special Olympics Galicia, que acudiu Merito deportivo 1.jpgacompañado do Presidente de Fademga D. Julio Cortiñas e do xerente da federación Antonio Fuentetaja.


O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, foi o encargado de entregar os galardóns e de recoñecer a  traxectoria de tódalas persoas e institucións galardoadas, que traballan diariamente na promoción e fomento do deporte e da educación física en Galicia.
O Premio pretende recoñecer o traballo diario que ven realizando Special Olympics Galicia pola promoción e a inserción social das persoas con discapacidade intelectual e das súas familias, mediante o lecer, o tempo libre, a cultura e o deporte, propoñendo adestramentos diarios e competicións deportivas co fin de mellorar as condicións físicas e psíquicas das persoas con discapacidade intelectual.

 

Seguir lendo...


Este é un dos camiños principais de cara a acadar unha plena integración na sociedade a través do respecto e a aceptación, proporcionándolles a oportunidade, mediante o deporte, de converterse en cidadáns activos de pleno dereito.
Special Olympics Galicia creouse no ano 1992. Un ano despois firmábase o convenio con Fademga,  Special Olympics España e FEAPS,  nacendo así a Comisión de Ocio, tempo libre e deportes. Ese mesmo ano creábase, coa colaboración de Special Olympics Galicia, o Club Deportivo Fademga, pasando a organizar actividades para un total de 200 deportistas con discapacidade intelectual de Galicia e involucrandoa 60 entidades.
Fai 11 anos, Special Olympics Galicia constituiuse como entidade xurídica propia, co fin de poder proporcionar un maior número  de actividades deportivas para tódalas persoas con discapacidade intelectual de Galicia.
 
A prensa galega fíxose eco da entrega dos premios:
 
Última actualización en Viernes, 20 de Mayo de 2011 11:42
 
Fademga Plena inclusión Galicia
Instagram
Facebook
Twitter
Voluntariado
novas
Xunta de Galicia
Garantia xuvenil
Banner politica social