ee

ee

Calendario

Special Olympics Galicia, buscando a promoción e a inserción social das persoas con discapacidade intelectual e das súas familias, organiza diversas actividades de ocio, tempo libre, cultura e deporte.

Estas actividades organízanse cada ano, co fin de que as persoas con discapacidade intelectual e as súas familias podan gozar do seu tempo libre do mellor xeito posible.

Podes descaragar o plan completo de datas e actividades premendo no seguinte enlace. PLAN ACTIVIDADES 2017

ACTO DE ENTREGA DE PREMIOS DA LIGA FÿTBOL SALA E BALONCESTO 2011 E XANTAR DE GALA FIN DE TEMPADA

Normal 0 21 false false false ES X-NONE X-NONE MicrosoftInternetExplorer4

 

 

O Club Deportivo Fademga coa promoción de Special Olympics Galicia e a colaboración do Colexio La Salle está a organizar o acto de entrega de premios da liga Fútbol Sala e Baloncesto 2011 e xantar de gala fin de tempada. Este acontecemento terá lugar o día 17 de decembro en Santiago de Compostela e contará coa asistencia das persoas que participaron este ano 2011 en actividades de Club Deportivo Fademga e Special Olympics Galicia.

Podedes realizar a vosa inscrición pinchando aquí ata o vindeiro 17 de novembro.

13.jpg
Estás aquí:   Inicio Comunicación Special Olympics Galicia, en colaboración co Club Deportivo Fademga, fixo entrega dos Premios das Ligas de Fútbol Sala e Baloncesto 2010
Special Olympics Galicia, en colaboración co Club Deportivo Fademga, fixo entrega dos Premios das Ligas de Fútbol Sala e Baloncesto 2010 PDF Imprimir Correo

 

O campión do mundo de triatlón Iván Raña,  fixo entrega das medallas aos deportistas.

Special Olympics Galicia e o Club Deportivo Fademga, celebraron o pasado sábado a entrega dos Premios das Ligas de Fútbol Sala e Baloncesto, que se disputaron ao longo de todo o ano en diferentes localidades galegas. Deportistas de 14 asociacións de toda Galicia recolleron estes premios que recoñecen o seu esforzo e que puxeron fin a un ano cheo de competicións deportivas onde os atletas con discapacidade intelectual amosaron as súas cualidades deportivas pero sobre todo o seu espírito de superación.
Unha das sorpresas máis especiais da tarde para tódolos atletas foi a presenza de Iván Raña, o campión do mundo de triatlón, que acudiu á entrega de premios e quixo felicitar á tódolos atletas pola súa entrega e o seu xogo limpo en cada un dos xogos celebrados ao longo de todo o ano.
As Ligas de Fútbol e Baloncesto que Special Olympics Galicia desarrolla coa colaboración do Club Deportivo Fademga,  organízanse cada ano co obxectivo de potenciar e animar á práctica deportiva das persoas con discapacidade intelectual. O seu fin, polo tanto non é a competición, senón o desarrollo das dotes de cada un dos deportistas,  priorizando cualidades como a axilidade, flexibilidade, coordinación e resistencia, e potenciando deste xeito a confianza, a autoestima e o desenvolvemento persoal das persoas con discapacidade intelectual.
Ivan ranha.jpg


:: Unha tarde de teatro

Ao finalizar a entrega de Premios, os asistentes puideron presenciar a obra de teatro ?Un Xoguete para Goldini? a cargo do grupo de teatro da Asociación Prodeme e baixo a dirección de Javier Illanes, una adaptación do clásico de Carlo Goldoni que Prodeme recuperou con toda a súa vixencia e frescura.
Última actualización en Lunes, 20 de Diciembre de 2010 20:01
 
Garantia xuvenil
Fademga Plena inclusión Galicia
Facebook
Twitter
Instagram
novas
Voluntariado