ee

ee

Calendario

Special Olympics Galicia, buscando a promoción e a inserción social das persoas con discapacidade intelectual e das súas familias, organiza diversas actividades de ocio, tempo libre, cultura e deporte.

Estas actividades organízanse cada ano, co fin de que as persoas con discapacidade intelectual e as súas familias podan gozar do seu tempo libre do mellor xeito posible.

Podes descaragar o plan completo de datas e actividades premendo no seguinte enlace. PLAN ACTIVIDADES 2017

ACTO DE ENTREGA DE PREMIOS DA LIGA FÿTBOL SALA E BALONCESTO 2011 E XANTAR DE GALA FIN DE TEMPADA

Normal 0 21 false false false ES X-NONE X-NONE MicrosoftInternetExplorer4

 

 

O Club Deportivo Fademga coa promoción de Special Olympics Galicia e a colaboración do Colexio La Salle está a organizar o acto de entrega de premios da liga Fútbol Sala e Baloncesto 2011 e xantar de gala fin de tempada. Este acontecemento terá lugar o día 17 de decembro en Santiago de Compostela e contará coa asistencia das persoas que participaron este ano 2011 en actividades de Club Deportivo Fademga e Special Olympics Galicia.

Podedes realizar a vosa inscrición pinchando aquí ata o vindeiro 17 de novembro.

13.jpg
Estás aquí:   Inicio Comunicación A DELEGACIÿN DE SPECIAL OLYMPICS GALICIA VIAXA A VARSOVIA PARA PARTICIPAR NOS XOGOS EUROPEOS DE VERÁN
A DELEGACIÿN DE SPECIAL OLYMPICS GALICIA VIAXA A VARSOVIA PARA PARTICIPAR NOS XOGOS EUROPEOS DE VERÁN PDF Imprimir Correo

Special Olympics Galicia participará, como integrante da expedición española, nos Xogos Europeos de Verán Special Olympics Europa 2010, que terán lugar do 18 ao 23 de setembro en Varsovia.


Esta nova edición dos xogos contará coa participación de 8 deportistas galegos, que competirán en atletismo nas modalidades de 200 metros femenino e masculino, 400 metros femenino e masculino, 3.000 metros femenino, 5.000 metros masculino e nas probas de relevos (4 x 400 metros).


Os Xogos Europeos de Verán  reunirán na capital polaca a 58 equipos nacionais procedentes de toda Europa/Eurasia. En total 1600 deportistas competirán en 9 disciplinas diferentes. Xunto a eles, 2000 voluntarios, 1500 familiares e amigos, 600 adestradores, 200 árbitros e 250 médicos participarán neste multitudinario evento.

 
Garantia xuvenil
Fademga Plena inclusión Galicia
Facebook
Twitter
Instagram
novas
Voluntariado