ee

ee

Calendario

Special Olympics Galicia, buscando a promoción e a inserción social das persoas con discapacidade intelectual e das súas familias, organiza diversas actividades de ocio, tempo libre, cultura e deporte.

Estas actividades organízanse cada ano, co fin de que as persoas con discapacidade intelectual e as súas familias podan gozar do seu tempo libre do mellor xeito posible.

Podes descaragar o plan completo de datas e actividades premendo no seguinte enlace. PLAN ACTIVIDADES 2017

ACTO DE ENTREGA DE PREMIOS DA LIGA FÿTBOL SALA E BALONCESTO 2011 E XANTAR DE GALA FIN DE TEMPADA

Normal 0 21 false false false ES X-NONE X-NONE MicrosoftInternetExplorer4

 

 

O Club Deportivo Fademga coa promoción de Special Olympics Galicia e a colaboración do Colexio La Salle está a organizar o acto de entrega de premios da liga Fútbol Sala e Baloncesto 2011 e xantar de gala fin de tempada. Este acontecemento terá lugar o día 17 de decembro en Santiago de Compostela e contará coa asistencia das persoas que participaron este ano 2011 en actividades de Club Deportivo Fademga e Special Olympics Galicia.

Podedes realizar a vosa inscrición pinchando aquí ata o vindeiro 17 de novembro.

13.jpg12.jpg
Estás aquí:   Inicio
Novas Destacadas
Fallados os premios do Certame de Tarxetas de Nadal 2010

O 20 de decembro, tiña lugar na sede de Special Olympics Galicia, en Santiago de Compostela, o fallo dos premios do XIV Certame de Tarxetas de Nadal Special Olympics Galicia.

Este ano o xurado encargado de adxudicar os premios, estivo formado por Coro Piñeiro, directora Xeral de Dependencia e Autonomía Persoal, Eladio Fernández, Presidente de Special Olympics Galicia, Marcelo de la Cruz, Secretario de FADEMGA FEAPS Galicia e Antonio Fuentetaja, Xerente de Special Olympics Galicia.

Este Certame ven contando tódolos anos cunha gran acollida entre as asociación, chegando a participar no concurso deste ano máis de 900 postais provintes de entidades das catro provincias galegas.

Os premios entregaranse durante unha ceremonia que se celebrará no mes de xaneiro e á que acudirán tódolos participantes das distintas asociacións.

 

+INFO

Leer más...
 
Special Olympics Galicia, en colaboración co Club Deportivo Fademga, fixo entrega dos Premios das Ligas de Fútbol Sala e Baloncesto 2010

 

O campión do mundo de triatlón Iván Raña,  fixo entrega das medallas aos deportistas.

Special Olympics Galicia e o Club Deportivo Fademga, celebraron o pasado sábado a entrega dos Premios das Ligas de Fútbol Sala e Baloncesto, que se disputaron ao longo de todo o ano en diferentes localidades galegas. Deportistas de 14 asociacións de toda Galicia recolleron estes premios que recoñecen o seu esforzo e que puxeron fin a un ano cheo de competicións deportivas onde os atletas con discapacidade intelectual amosaron as súas cualidades deportivas pero sobre todo o seu espírito de superación.
Unha das sorpresas máis especiais da tarde para tódolos atletas foi a presenza de Iván Raña, o campión do mundo de triatlón, que acudiu á entrega de premios e quixo felicitar á tódolos atletas pola súa entrega e o seu xogo limpo en cada un dos xogos celebrados ao longo de todo o ano.
As Ligas de Fútbol e Baloncesto que Special Olympics Galicia desarrolla coa colaboración do Club Deportivo Fademga,  organízanse cada ano co obxectivo de potenciar e animar á práctica deportiva das persoas con discapacidade intelectual. O seu fin, polo tanto non é a competición, senón o desarrollo das dotes de cada un dos deportistas,  priorizando cualidades como a axilidade, flexibilidade, coordinación e resistencia, e potenciando deste xeito a confianza, a autoestima e o desenvolvemento persoal das persoas con discapacidade intelectual.
Ivan ranha.jpg


:: Unha tarde de teatro

Ao finalizar a entrega de Premios, os asistentes puideron presenciar a obra de teatro ?Un Xoguete para Goldini? a cargo do grupo de teatro da Asociación Prodeme e baixo a dirección de Javier Illanes, una adaptación do clásico de Carlo Goldoni que Prodeme recuperou con toda a súa vixencia e frescura.
 
<< Inicio < Anterior 71 72 73 74 Siguiente > Fin >>

Página 71 de 74
Primeira convocatoria do ano: Chegan os Xogos Minoritarios!

Como xa ven sendo tradicional cada ano en Special Olympics Galicia, lanzamos a nosa primeira convocatoria do ano que non pode ser outra que .... Xogos Minoritarios!

Nesta ocasión os Xogos terán lugar o Sábado 18 de marzo de 2017, e chegan cunha importante novidade: incluiranse probas de tenis, mentres que os xogos de petanca pasarán a celebrarse xunto coa actividade de Campo a Través prevista para o 27/05/2017.

O prazo de presentación de solicitudes e ata o 7 de marzo, día no que deberá estar a información nas oficinas de SPECIAL OLYMPICS GALICIA.

Preme neste enlace para descargar a convocatoria.

 
Cita "olympic" en Os Remedios

A piscina Rosario Dueñas acolleu a vixésima edición dos xogos autonómicos onde participaron máis de 350 persoas "Quero gañar, máis senón ou consigo deixádeme ser valente no intento", con esta lema e coa memoria de Carlos Outeiriño, desembarcaron máis de 350 persoas para disputar os vixésimos xogos autonómicos de natación Special Olympics.

Máis de vinte equipos déronse cita en Vos Remedios para participar en quince categorías. As asociacións ourensáns, anfitrioas do evento, tiveron unha participación destacable a cargo dos equipos das Burgas, Aspadisi, Asfaval e Aspanas con 38 deportistas.

Fademga Plena inclusión Galicia
Instagram
Facebook
Twitter
Voluntariado
novas
Xunta de Galicia
Garantia xuvenil
Banner politica social