ee

ee

Calendario

Special Olympics Galicia, buscando a promoción e a inserción social das persoas con discapacidade intelectual e das súas familias, organiza diversas actividades de ocio, tempo libre, cultura e deporte.

Estas actividades organízanse cada ano, co fin de que as persoas con discapacidade intelectual e as súas familias podan gozar do seu tempo libre do mellor xeito posible.

Podes descaragar o plan completo de datas e actividades premendo no seguinte enlace. PLAN ACTIVIDADES 2017

ACTO DE ENTREGA DE PREMIOS DA LIGA FÿTBOL SALA E BALONCESTO 2011 E XANTAR DE GALA FIN DE TEMPADA

Normal 0 21 false false false ES X-NONE X-NONE MicrosoftInternetExplorer4

 

 

O Club Deportivo Fademga coa promoción de Special Olympics Galicia e a colaboración do Colexio La Salle está a organizar o acto de entrega de premios da liga Fútbol Sala e Baloncesto 2011 e xantar de gala fin de tempada. Este acontecemento terá lugar o día 17 de decembro en Santiago de Compostela e contará coa asistencia das persoas que participaron este ano 2011 en actividades de Club Deportivo Fademga e Special Olympics Galicia.

Podedes realizar a vosa inscrición pinchando aquí ata o vindeiro 17 de novembro.

13.jpg12.jpg
Estás aquí:   Inicio
Novas Destacadas
Os deportistas galegos regresan da súa participación nos xogos de Special Olympics - REUS 2016

Unha delegación galega formada por 6 deportistas con discapacidade intelectual, (usuarios do Centro Ricardo Baró, ASPRONAGA), e 3 monitores, representaron á Comunidade de Galicia nos Special Olympics 2016, que se celebraron en Reus (Tarragona). Historicamente, os usuarios do Centro Ricardo Baró veñen participando en todas as edicións dos Encontros Nacionais de Probas Motrices.

Os Xogos de Special Olympics - Reus 2016 acolleron a máis de 800 deportistas, ademais de 200 adestradores, 500 voluntarios e membros da organización, procedentes de numerosos puntos do territorio español, así como de dez países europeos, ademais de Marrocos e Shanghái. Os xogos contaron con seis modalidades deportivas: natación, baloncesto (feminino, masculino e unificado), tenis, pádel, ximnasia rítmica e probas motrices, unha modalidade deportiva exclusiva destes Xogos.

Leer más...
 
"Festival de Artes escénicas e mostra de talentos"

Os vindeiros 21 e 22 de novembro, tedes unha cita en Santiago co "Festival de Artes escénicas e mostra de talentos" que organiza Special Olympics Galicia.

O día 21: Concerto de música do grupo “ Naranja Imaginario”, (Centro Pascual Veiga) ás 20:00h.

O día 22: representación de teatro a cargo da asociación Prodeme coa obra “ QUEN ME MANDA FACER TEATRO”, ás 18:30h.

Anímate e recolle a túa invitación no Auditorio de Galicia, ate o 17 de novembro!!

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Siguiente > Fin >>

Página 8 de 75
Comunicado de pésame polo falecemento de D. Francesc Martínez de Foix

O presidente de Special Olympics Galicia, Eladio Fernández Pérez, en nome de toda a xunta directiva e as persoas que conforman o movemento de Special Olympics Galicia, traslada o seu máis sentido pésame á familia e amigos de Francesc Martínez de Foix, falecido o pasado domingo 16 de xullo.

Fundador de Special Olympics España e Cataluña, D. Francesc Martínez de Foix, foi socio de honra e medalla de Special Olympics Galicia por toda a súa traxectoria de traballo en favor das persoas con discapacidade intelectual.

Desde Special Olympics Galicia queremos agradecer a ímproba e fundamental labor profesional e social de D. Martínez de Foix, un referente para todos nós na integración social das persoas con discapacidade intelectual a través de deporte. Descanse en paz.

 
Primeira convocatoria do ano: Chegan os Xogos Minoritarios!

Como xa ven sendo tradicional cada ano en Special Olympics Galicia, lanzamos a nosa primeira convocatoria do ano que non pode ser outra que .... Xogos Minoritarios!

Nesta ocasión os Xogos terán lugar o Sábado 18 de marzo de 2017, e chegan cunha importante novidade: incluiranse probas de tenis, mentres que os xogos de petanca pasarán a celebrarse xunto coa actividade de Campo a Través prevista para o 27/05/2017.

O prazo de presentación de solicitudes e ata o 7 de marzo, día no que deberá estar a información nas oficinas de SPECIAL OLYMPICS GALICIA.

Preme neste enlace para descargar a convocatoria.

Fademga Plena inclusión Galicia
Instagram
Facebook
Twitter
Voluntariado
novas
Xunta de Galicia
Garantia xuvenil
Banner politica social